O soño do osiño rosa / Roberto Aliaga, Helga Bansch
por Aliaga, Roberto [autor/a]
; Bansch, Helga [ilustrador/a]
; Liván, Paco
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Non prestable | CEP Antonio Magariños Pastoriza Aula | 2ºNIVEL ALI soñ | 1 | Non para préstamo | PEH016000006286 |
|
Álbum Ilustrado
O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río... Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar. Cal é o soño dun osiño rosa?. A xirafa leváralle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra, unhas lentes de sol. Sen pretendelo, cada quen procurara o seu propio soño, e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio. Dunha maneira sinxela e efectiva, Roberto Aliaga preséntanos una historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para prestar axuda a alguén; o moucho sábeo e, antes de nada, pregúntalle ao osiño polo seu soño. Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea personaxes doces e entrañabeis, , cos que os lectores poderán identificarse. Alén diso, a ilustradora agocha en cada imaxe algún detalle, para que os máis pequenos se recreen e deixen voar a imaxinación.
4º-5º-6º Educación Infantil
1º-2º Primaria